Entramos na última xornada de competición, esta correspondente á categoría alevín. Outro día no que a calor seguramente faga mella nos xogadores. Si na xornada de onte presumiamos unha fase moi competitiva e emocionante, como así foi, máis aínda se presume a de hoxe na categoría máis alta do Torneo.
Vendo os resultados da primeira xornada, xa hai equipos que poñen as súas credenciales sobre o céspede, Oroso, Portero 2000, Santa Mariña e Santiago demostran que veñen con gañas de levarse o trofeo ás súas vitrinas.
Pero a xornada seguramente dará para moito e, por suposto, non faltarán as sorpresas. A todos moita sorte e a disfrutar do día.
Un espectaular día recibe a fase final na categoría benxamín, que se presume intensa e competitiva á vista dos equipos que conforman os diferentes grupos. Equipos todos eles que ocuparon os primeiros postos na competicón oficial da presente tempada.
Moita sorte a todos e desexamos que se disfrute dun gran día de competición.
Rematada unha jornada moi competida, as sorpresas déronse nas eliminatorias, donde os máximos favoritos para disputar a final, a priori Depor e Celta, quedaron eliminados, chegando a disputar a final na categoría Benxamín, dous equipos que se van facendo habituais na disputa de finais ou na loita polos catro primeiros postos, Bertamiráns C.F. e Imperator O.A.R.. Salvo a loita polo 3º/4º posto, as eliminatorias de semifinais e a propia final foron moi competidas e con resultados moi apretados, mesmo en algún deles houbo que determinar o vencedor na tanda de penalties.
Semifinales | ||
---|---|---|
CRISTO DE LA VICTORIA C.F. | 2 : 3 | BERTAMIRÁNS C.F. |
R.C. CELTA | 1 : 1 | IMPERÁTOR O.A.R. |
3º y 4º Puesto | ||
CRISTO DE LA VICTORIA C.F. | 2 : 5 | R.C. CELTA |
Final | ||
BERTAMIRÁNS C.F. | 1 : 1 | IMPERÁTOR O.A.R. |
O CADRO DE HONRA NA CATEGORÍA BENXAMÍN FOI O SEGUINTE:
Campeón: Imperator O.A.R.
Subcampeón: Bertamiráns C.F.
3º posto: R.C. Celta de Vigo
4º posto: Cristo de la Victoria C.F.
Equipo máis deportivo: R.C. Celta de Vigo
OS RECOÑECEMENTOS INDIVIDUAIS FORON OS SEGUINTES:
Máximo goleador: Aarón Alonso Pajón (Cristo de la Victoria C.F.)
Mellor xogador da final: Álvaro Rioboo Costa (Imperator O.A.R.)
Mellor porteiro da final: Lois Martínez Lenzos (Bertamiráns C.F.)
Mellor árbitro do Torneo: Steven Muñiz (Delegación de Boiro)
Nunhas semifinais igualadísimas, os equipos que disputan a gran final na categoría Prebenxamín son o Bertamiráns C.F. e o E.D. Ourense.
Polo 3º e 4º posto loitarono o C.D. La Guía e o Ural C.F., sendo para estes últimos a victoria por 3-0.
Saída dos dous equipos finalistas |
Rematado o tempo regulamentario o resultado foi de empate a un, nun partido moi disputado entre os dous equipos.
Na tanda de penalties o vencedor foi o Bertamiráns C.F., polo que se proclamo vencedor da XII Edición do Torneo de Fútbol Base do Abanqueiro S.D. - Trofeo Concello de Boiro, na categoría Prebenxamín e baixo a organización da E.F.M. Concello de Boiro.
CADRO DE HONRA
CAMPEÓN: Bertamiráns C.F.
SUBCAMPEÓN: E.D. Ourense
3º CLASIFICADO: Ural C.F.
4º CLASIFICADO: C.D. La Guía
- Mellor xogador da final: Mateo Vázquez (E.D. Ourense)
- Melhor porteiro da final: Lalo Mangana (E.D. Ourense)
- Máximo goleador do torneo: Fabio Ferro (Bertamiráns C.F.)
- Mellor árbitro: Mar
- Equipo más deportivo: Ural C.F.
Rematou a fase previa nas categorías Alevín e Benxamín. A pesar do mal tempo que nos acompaño durante toda a jornada, a afluencia de público foi más numerosa do que esperabaos.
Despois de competir na fase de grupos, os equipos que se clasificaron (os dous primeiros de cada grupo), disputaron unha eliminatoria, na que o gañador conseguiría praza para acceder á fase final do vindeiro fin de semana xunto cos mellores equipos das categorías de fútbol base Alevín e Benxamín que actualmente podemos atopar na nosa Comunidade.
A nota negativa veu ocasionada pola retirada do equipo Benxamín da S.D. Cacheiras, que ao non ter opcións de clasificación xa non se presentou a disputar o terceiro encontro da fase de grupos. Un xesto pouco decoroso por parte dos responsables deste gran Club, que non merece que lle manchen a imaxe desta maneira.
Os equipos que acadaron a clasificación para a fase final foron:
Na categoría Alevín:
- Amio S.D. "B"
- S.D. Xuventude Aguiño
- A.D. Cruído
- E.F.M. Concello de Boiro "B"
- Porto do Son C.F.
Na categoría Benxamín:
- C.D. Rois
- Atl. Oleiros
- Caldas C.F.
- Amio S.D.
- C.D.C. Santa Teresita