Entramos na última xornada de competición, esta correspondente á categoría alevín. Outro día no que a calor seguramente faga mella nos xogadores. Si na xornada de onte presumiamos unha fase moi competitiva e emocionante, como así foi, máis aínda se presume a de hoxe na categoría máis alta do Torneo.
Vendo os resultados da primeira xornada, xa hai equipos que poñen as súas credenciales sobre o céspede, Oroso, Portero 2000, Santa Mariña e Santiago demostran que veñen con gañas de levarse o trofeo ás súas vitrinas.
Pero a xornada seguramente dará para moito e, por suposto, non faltarán as sorpresas. A todos moita sorte e a disfrutar do día.